Pasadas as 2.45h da madrugada deste sábado un home resultou ferido tras bater contra unha pedra da cuneta na EP-8401 (Estrada O Souto de Vea – A Portela) ao seu paso por Bouzamar (San Xurxo de Vea). Ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico de Lalín, do 061 da Estrada – que se encargaron de trasladar ao ferido -, da Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea, Grúas Foxomotor e da Deputación de Pontevedra.
A EP-8401 tivo que estar cortada desde as 2.47 ata ás 5.10h por este sinistro.
Imaxe de portada:
Vehículo accidentado // Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea


Deixar un comentario