Estudantes do García Barros organizan unha recollida de alimentos

Estudantes do García Barros organizan unha recollida de alimentos

Os estudantes do IES Manuel García Barros poderán doar libros, xoguetes e comida non perecedeira. Esta recollida, que foi organizada por estudantes de 1º de Bacharelato en colaboración con Cáritas, comezará nos vindeiros días e rematará o vindeiro 18 de decembro e servirá para axudar aos que máis o necesitan nesta época do ano.

Outros alumnos dese curso montarán un Belén, no que colaborarán estudantes de Relixión e do Bacharelato de Artes e que poderá visitar calquera alumno do centro.


Imaxe de portada:
IES Manuel García Barros // Arquivo PHDnoticias – O Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario