Seis estradenses detidos por roubar no punto limpo de Boqueixón

Seis estradenses detidos por roubar no punto limpo de Boqueixón

Un dos detidos é menor de idade

A Garda Civil de Santiago detivo a seis persoas, unha delas menor de idade, por unha vaga de roubos no punto limpo de Boqueixón. Tamén investiga a dúas persoas máis. Todos os detidos e un dos investigados teñen lazos familiares entre sí, son de orixe estranxeira e residen na Estrada. Estas detencións realizáronse no marco da Operación Lubu.

Os detidos desprazábanse en tres furgonetas desde A Estrada ata o lugar onde cometían os furtos os días nos que abría o punto de reciclaxe, estacionábanas na parte traseira deste, un entraba para vixiar desde dentro e, os demais, saltaban o valado de tres metros de altura para roubar electrodomésticos e material tecnolóxico, que despois vendían no Porriño (Pontevedra).

A Garda Civil descubriu que en varias ocasións contaron coa axuda dun empregado do ecoparque, que recibía subornos a cambio de facilitarlles a entrada. Calcúlase que só nos meses de outubro e novembro os detidos obtiveron beneficios de máis de 16.000 euros.

Cinco membros da banda familiar foron detidos in fraganti, mentras que o resto foron detidos a posteriori. Na detención incautouselles electrodomésticos, residuos e pezas metálicas. O resto dos implicados foron detidos posteriormente.


Imaxe de portada:
Captura das cámaras de seguridade na que se ve a catro membros da banda cometendo un roubo.

Comentarios

Deixar un comentario