O BNG cre que a xuventude necesita actividades de ocio nocturno

Os veciños da zona próxima ao Teatro levan varios meses queixándose dos botellóns que se producen alí, principalmente, nas noites dos sábados e dos días anteriores a festivos. Desde o BNG apuntan “dous motivos que cremos poden estar detrás destes actos”.

Segundo a formación nacionalista, a xuventude ten como actividade de ocio a inxesta de alcol dado que non hai alternativas. Por iso propoñen que, durante as noites das fins de semana, se leven a cabo “talleres de arte, música, manualidades, artesanía, deseño…, así como deportes indoor, cineclubes autoxestionados polos mozos e mozas, exposicións e mostras de arte, salas de ensaio adecuadas para a creación musical, intercambios culturais con alumnado estranxeiro, excursións, creación dun podcast…”, que poderían realizarse no vello ambulatorio.

O segundo motivo ao que apuntan é a falta de patrullas da Policía Local pola noite, e non entenden como “o goberno municipal do PP, que hai poucos días aprobou unha subida do IBI do 25% mantén aos veciños e veciñas da Estrada sen este servizo, que é imprescindíbel” porque serve para disuadir a comisión de actos vandálicos e para axudar nas urxencias do concello.

Comentarios

Deixar un comentario