Na Comisión de Organización celebrada o pasado martes no Concello rexeitouse a proposta do PSOE para a modificación do Regulamento de Participación Cidadá para que se poida votar os alcaldes de barrio, co voto en contra do PP e a abstención do BNG.
López Bueno considera que o voto en contra dos populares débese a que ve nos alcaldes de barrio “peóns políticos que traballen para el”, mentras que os socialistas considéranos “representantes da parroquia diante do goberno local” e, por iso, a súa función é trasladarlle ao goberno os problemas da parroquia.
Bueno considera que a proposta de reforma é “un avance na participación política dos veciños e veciñas” e, o voto negativo do PP, demostra a súa “pouca convicción democrática”, sobre todo cando “por exemplo, os veciños e veciñas de Lalín, a pesar de estar gobernados polo PP, poden escoller aos seus alcaldes e alcaldesas de barrio”.
O líder dos socialistas tamén se mostrou “sorprendido” pola abstención dos nacionalistas. “Que che guste máis ou menos o termo alcalde ou alcaldesa de barrio non pode definir unha posición sobre este asunto”. Tamén lembrou que os alcaldes de barrio reciben este nome pola Lei de Administración Local de Galicia e convidounos a reflexionar sobre a súa postura.
Imaxe de portada:
Concello da Estrada // Arquivo PHDnoticias – O Xornal da Estrada


Deixar un comentario