PHDnoticias realizará un parón na súa actividade para implementar cambios

PHDnoticias realizará un parón na súa actividade para implementar cambios

PHDnoticias leva varios meses inmerso nun proceso de transformación no que está pasando de medio xeralista a medio de información local. As novas que se saen das fronteiras da Estrada xa desapareceron e, agora, toca implementar unha serie de cambios que finalizarán este proceso de transformación.

Para iso, este xornal non publicará ningunha nova entre o 6 e o 10 de decembro, coincidindo coa ponte festiva da Constitución. O luns 11 anunciaráse a través das redes sociais o que será “o maior cambio na historia de PHDnoticias”.

Os cambios faránse oficiais o martes 12, coincidindo co segundo aniversario deste medio. A partir dese día, volveráse a publicar con total normalidade as noticias.

Durante os días que se van producir os cambios pódense experimentar problemas de acceso a esta web.

Comentarios

Deixar un comentario