Do 11 ao 16 de decembro vaise celebrar nas instalacións de Estrada Padel o V Torneo de Nadal Solidario de Padel. Os participantes poderánse inscribir nas categorías 1ª con cascada a 2ª, 3ª con cascada a 4ª, 5ª con cascada a 6ª ou iniciación. Para inscribirse deberán facelo a través da web www.mistorneosonline.com antes do día 8 ás 22.00h.
O primeiro e o segundo de cada categoría levará como premio unha cesta de Nadal. Cada un dos participantes aportará un quilo de alimentos non perecedeiros ou un xoguete a Cáritas da Estrada.

Deixar un comentario