Entre as 17.00 e as 18.00h deste martes unha tubaxe rompeu na 3ª Travesía de América, deixando a varias decenas de veciños sen auga e unha fochanca e terra na entrada desta rúa. No momento de redacción desta nova, aínda non se desprazaron empregados do Concello a arranxar o incidente e o único que se fixo foi cortar a auga.
Esta súmase á lista de roturas que veñen sufrindo os veciños da xa citada rúa, da Rúa Forcarei e da Rúa Cerdedo nos últimos anos.
Imaxe de portada:
Estado da 3ª Travesía de América tras a rotura da tubaxe // Rubén Rosende / PHDnoticias – O Xornal da Estrada


Deixar un comentario