Na xornada deste mércores presentouse a concentración das Seleccións Españolas Sub 17 de voleibol. Isto forma parte das fases de preparación con encontros internacionais que, á parte da Estrada, vanse celebrar en Rianxo e Cambados.
A selección masculina estará do 17 ao 23 de decembro e xogará tres partidos contra Portugal. Os encontros celebraránse o mércores 20 ás 18.00h, o xoves 21 ás 18.00h e o venres 22 ás 10.30h.
A selección feminina estará do 23 de decembro ata o 2 de xaneiro e enfrontaráse a Francia o xoves 28 ás 18.00h. Amais, xogarán contra o mesmo rival en Rianxo e Cambados os días 29 e 30.
Esta concentración servirá para que as seleccións se preparen para os torneos WEVZA Sub 18 que comezarán o 3 de xaneiro. A selección masculina viaxará a Alemaña e, a feminina, a Bélxica.
Os partidos que se celebrarán na Estrada disputaránse no Pavillón Manuel Coto Ferreiro e a entrada será libre e gratuíta.
Imaxe de portada:
Pavillón Manuel Coto Ferreiro // O Xornal da Estrada


Deixar un comentario