Casal de Creación celebrará o vindeiro sábado 16 o seu tradicional Mercadiño de Nadal de Ilustración Enmarcada. No evento expoñeránse pezas de artistas locais como Rosa de Cabanas, Laura Caneira e Silvia Fernández, amais doutros de recoñecemento autonómico como Andrea de Toba, Cavalinho do Demo, Azul do Atlántico, Deica Creacións, Celia Arcos, Pampillo Store, Leandro Barea, Alejandro Mosquera, María Lapido ou Xiralúa.
No mercadiño haberá música, doces artesanais, té e chocolate quente desde ás 11.00 ata ás 20.00h. Tamén haberá obras enmarcadas e obras que estarán sen enmarcar para que os propios visitantes poidan elixir o marco.
Imaxe de portada:
Obra enmarcada por Casal de Creación // Casal de Creación


Deixar un comentario