Unha saída de vía en Baloira obriga a cortar un carril da PO-841

Unha saída de vía en Baloira obriga a cortar un carril da PO-841

Un vehículo saíuse da PO-841 e caeu por un desnivel en Baloira. O sinistro produciuse na tarde deste mércores pasado o quilómetro 17 do vial. Ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil da Estrada, da Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea e Grúas Foxomotor.

Para poder retirar o vehículo foi necesario o uso dunha pluma, que no momento de redacción desta nova estábase dirixindo ata o lugar. Debido a isto, está cortado o carril de descenso en dirección Santiago. Non houbo que lamentar feridos.

Zona de accidentes

Este é un novo accidente neste vial de titularidade autonómica, no que varias persoas resultaron feridas en diferentes accidentes que se produciron últimamente. O último sinistro con feridos que se produciu foi un accidente múltiple en Toedo.


Imaxe de portada:
Vehículo sinistrado // Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea

Comentarios

Deixar un comentario