Emerxencias A Estrada desprazouse ás proximidades do semáforo da Rúa Gradín para rescatar a unha persoa que caera no seu domicilio. Ata o lugar tamén se desprazaron efectivos da Garda Civil, da Policía Local e do 061.
Pasadas ás 14.00h tamén tiveron que acudir a unha alarma de incendio na Rúa Castelao, que resultou ser o fume de combustión dunha caldeira. Ata o lugar desprazáronse os mesmos efectivos.
A última intervención destacada que realizaron foi unha nova limpeza no casco urbano do vertido de aceite que se produciu hai varios días.


Deixar un comentario