A Estrada mantén a categoría grazas a 75 persoas, segundo as cifras do censo que publicou o INE. Estes datos, dixo o concelleiro do BNG, Xoán Reices, permiten ” ao grupo de goberno respirar tranquilo por un ano, pero é un toque de atención de que as cousas hai que facelas doutro xeito, cousa que xa dixemos desde o BNG hai tempo”, pero prevén que en 2024 chegue o descenso de categoría.
Reices indicou que desde o Goberno municipal teñen que “repensar a súa estratexia para frear esta sangría poboacional”:
“Se as campañas para incrementar o número de veciños e veciñas que puxo en marcha o PP non funcionaron, como o baby box ou enviar cartas, está claro que hai que cambiar de estratexia para mudar o rumbo”
Xoán Reices, concelleiro do BNG da Estrada
Desde a formación nacionalista propuxeron a posta en marcha dun plan de vivenda pública que abarate os alugueres, o incremento do solo industrial público – “cousa que anunciaron moitas veces, pero que a día de hoxe non hai nada de nada” -, a apertura de novas rúas e a mellora de servizos no rural, comezando “polo saneamento”.
“Hai que mudar de estratexia e de políticas, seguir como até agora e facer o de sempre é un desastre, que xa anunciamos no seu día”, afrimou Reices e engadiu que a suba do IBI non vai axudar.


Deixar un comentario