Pasadas as 20.45h deste venres orixinouse un incendio nunha vivenda deshabitada de San Xurxo de Vea, que rematou calcinándoa por completo. A edificación estaba pegada á PO-214 (estrada Baloira – Pontecesures) e aínda non se saben as causas que puideron orixinar o lume.
Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Local da Estrada, da Garda Civil da Estrada, da AXEGA, de Emerxencias de Teo e da Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea.
Imaxe de portada:
Zona do incendio // Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea


Deixar un comentario