Este venres preséntase o libro “Ao sur da liberdade”

Este venres preséntase o libro “Ao sur da liberdade”

O MOME acollerá este venres ás 20.00h o acto de presentación do libro Ao sur da liberdade, de Xosé Henrique Costas. Neste acto, organizado pola Asociación Cultural Vagalumes, tamén intervirán Heitor Picallo e David Otero.

Ao sur da liberdade é a primeira incursión do catedrático de Filoloxía Galega Xosé-Henrique Costas na ficción e aproveitaráa para explicar a historia medieval de Galicia.

Ao sur da liberdade

A vida do caudillo muladí Muhammad ibn Marwán Al-Galiqí, alcumado ‘O Galego’, dá pé a un relato que, en forma de novela, debuxa un panorama do medievo peninsular que desafía os tópicos da historiografía.

Ianes, un rapaz do castrelo do Viso entregado para criado no mosteiro de Samos, foxe ao sur do Douro, á “Terra de ninguén”, para que non o condenen por un crime que non cometeu. Un relato adornado cun mapa de Martinho Picallo e con debuxos de Héitor Picallo Fontes, ambientado na Gallaecia do século VIII, en que se encadrela a intriga histórica coas viaxes, a arte, as relixións, a política, a medicina, as linguas e a identidade.

Comentarios

Deixar un comentario