Este venres retransmitiráse o primeiro pleno por Internet

Este venres retransmitiráse o primeiro pleno por Internet

Este venres comezará a retransmisión dos plenos do Concello a través da web deste. Grazas a isto, agárdase unha maior transparencia, dado que a cidadanía poderá ver os plenos desde as súas vivendas.

Para poder realizar a transmisión, instaláronse 4 cámaras; 2 cámaras PTZ (Pan-Tilt-Zoom) coas que se poderán realizar primeiros planos ou planos curtos, unha cámara panorámica e outra para as votacións. As gravacións poderán consultarse minutadas por intervencións e puntos.

Foi en agosto deste ano cando o BNG presentou a moción na que se pedía que se realizara esta emisión dos plenos, xa que en concellos de 4.000 habitantes como As Neves xa se facía.

Comentarios

Deixar un comentario