Luis López Bueno, líder do PSOE da Estrada, fixo valoración dos Orzamentos do 2024. Considerou “ridículo que o PP fale de apretar o cinto cando unha das partidas que se incrementa é a dos salarios do grupo de goberno” e invitou aos populares con “predicar co exemplo” tras a suba do IBI.
Indicou que estes orzamentos “reflexan as mentiras do PP de que privatizar servizos públicos vai aforrar cartos”, xa que o lixo aumentou un 30%, cando a inflación sitúase no 9%. A suba no SAF débese á obriga de subirlle o soldo ás traballadoras, pero incide en que estas subidas non se traducirán en melloras nos servizos. Tamén recoñeceu que si que hai partidas “que se axustaron ao gasto real”.
Afeoulle a Alberto Blanco e a José López que non se baixaran partidas cando os socialistas propuxeran unha bonificación ao IBI en vivendas sen servizos básicos. “Agora vemos que si se podía”.
Tamén considerou “creativa” a planificación de ingresos, xa que na Participación por Ingresos do Estado só son 5,3 millóns cando “está anunciado un incremento do 22% sobre esa cantidade” e tamén lle pareceu “curiosísimo” que inclúan o Plan +Provincia cando “o PP non ten aprobadas sequera as bases dese Plan”.
Imaxe de portada:
Reunión do PSOE estradense para valorar os Orzamentos // PSOE A Estrada


Deixar un comentario