Este 2023 imos ter uns días de Nadal completamente secos e fríos, segundo a AEMET. A xornada deste xoves será das que “peor” tempo haxa, pois o ceo estará cuberto. As temperaturas irán dos 6 aos 13 graos.
O venres xa chega o sol e as temperaturas manteránse. O sol continuará brillando sábado, domingo – día de Noiteboa – e luns – día de Nadal. As mínimas baixarán ata o grao do domingo.
Na xornada do martes as nubes volverán a ser as protagonistas, aínda que sen previsións de que chova. As mínimas recuperaránse.
Pode informarse día a día da previsión meteorolóxica no noso concello a través das nosas historias en Facebook e Instagram e das nosas publicacións en Threads.


Deixar un comentario