Atopan o corpo de José Campos Loureiro aboiando no Lérez

Atopan o corpo de José Campos Loureiro aboiando no Lérez

Sobre as 14.30h deste xoves, un operativo da Policía Local e dos Bombeiros de Pontevedra rescataba o corpo de José Campos Loureiro, que estaba flotando no río Lérez. Persoal do 061 intentou, sen éxito, reanimalo, pero só puideron certificar a súa morte.

A vítima desaparecera o martes 12 deste mes en Pontevedra e, hai uns días, a Garda Civil comezara un amplo dispositivo de búsqueda. El era orixinario da Portela (Cuntis), aínda que tiña vínculos coa Estrada.

Un desaparecido en Pontevea

A Garda Civil tamén se atopa buscando a un octoxenario de Teo que desapareceu o pasado mércores na zona da ponte de Pontevea. Segundo fontes do dispositivo, os seus zapatos e a súa chaqueta apareceron colocados na ponte, polo que se especula cun posible suicidio. Ao parecer, diagnosticáraselle unha enfermidade grave.

No lugar despregáronse efectivos do GEAS da Garda Civil para inspeccionar o río.

Comentarios

Deixar un comentario