Xoán Reices, voceiro do BNG na Estrada, criticou os orzamentos presentados para o 2024 xa que, conta, “non estamos ante unha proposta seria de orzamentos senón ante un exercicio de propaganda por parte do alcalde”.
Segundo o nacionalista, o concello “vive a crédito” por culpa da xestión económica do goberno e cada ano hai que pensar”como pagar o anterior”. “É unha vergoña, con decenas de partidas abertas para poder mover os cartos entre elas pero sen orzar, polo que non se sabe canto se prevé investir en realidade”, comenta.
Desde o BNG criticaron que o goberno presente os orzamentos “a unha semana de finalizar os prazos”, a falta de tempo que se lle dá á oposición para poder analizalos, dificultando así “o seu labor como oposición”, e que non se incluíra unha partida que axude a revertir a “dramática” situación demográfica que vive o concello.


Deixar un comentario