Este 2023 vaise despedir da peor forma posible, para algúns. Aínda que as previsións aínda non son moi fiables, todo apunta a que remataremos 2023 e comezaremos 2024 con chuvia.
Segundo a AEMET, este mércores comezará a chover sobre media mañá. As mínimas subirán ata os 9 graos e, as máximas, manteránse nos 13. O xoves, día dos Santos Inocentes, continuará chovendo. As mínimas subirán ata os 10 graos.
O venres 29, as precipitacións continuarán, podendo saír o sol na segunda metade do día. As mínimas baixarán ata os 5 graos. Na xornada do sábado, é posible que se produzan pequenas precipitacións e, as temperaturas, manteránse.
E, chegando ao importante, o día de Noitevella prevése que volva a chover e que as temperaturas mínimas ascendan. No día de Aninovo, continuarán as chuvias e volverán baixar as mínimas.
Imaxe de portada:
Imaxe de arquivo dun día chuvioso na zona da Alameda // O Xornal da Estrada


Deixar un comentario