A banda de rock estradense Pants Off despedirá 2023 cun concerto no Pub Sky. O sábado 30 ás 23.30h comezarán o seu concerto, que será completamente gratuíto.
Ao escenario tamén subirán Pla Vinseiro, quen os axudou na produción do seu EP Invisibles; Charlinho Darko, cantante da banda Templanza, e Totti X Ellop. No afterparty estarán SASO Legalmente e Carlos López.
Pants Off
Pants Off naceu no ano 2007, cando os seus integrantes aínda tiñan 18 anos. Comezaron a tocar en salas de festa de Galicia e da península e, no 2011, pararon. No 2019 voltaron gravar máis temas e colaborando con artistas como Dakidarría, Ezetaerre, Xabihoo ou Enkore.
Imaxe de portada:
Imaxe empregada para anunciar a súa actuación no Revolta do Umia // Revolta do Umia / Pants Off


Deixar un comentario