Aparece un pequeno socavón en Ouzande

Aparece un pequeno socavón en Ouzande

Nunha das pistas que máis tráfico rexistra cada día de Ouzande apareceu un pequeno socavón. A pista na se atopa é a que une a EP-7001 (Estrada A Estrada – Forcarei) coa EP-7003 (Estrada de Ouzande), e localízase na marxe dereita do camiño en sentido descendente, entre unha vivenda e unha pista de terra sitas no mesmo lado. Ten entre 5 e 10 centímetros de ancho e algo máis de profundidade pero, como se pode apreciar na imaxe que abre esta nova, o asfalto continúa agretándose.


Imaxe de portada:
Socavón en Ouzande // O Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario