Belén López, voceira de Cultura do PSOE estradense, compartiu a solicitude feita por varios cidadáns de ampliar os horarios da Casa das Letras. Segundo comentou, pódese xestionar mediante sistemas dixitais e poderíase aplicar a máis servizos públicos como o Novo Mercado ou a Casa da Música.
Á vez, crearíase un sistema de código único e persoal que se empregaría para as entradas e saídas do edificio. “É un sistema que xa se aplica en
instalacións municipais doutros concellos, como na Bilbioteca Municipal de Ordes”, apuntou.
Aínda que se empregue este sistema, explicou López, non sería necesario abrir as 24 horas do día, pero si instalar cámaras de vixilancia. “Os veciños e veciñas respectamos as instalacións municipais”, comentou, e confía en que “con este sistema sigamos facéndoo”.
Amais, López propuxo unha campaña de difusión dos fondos existentes xa que a Casa das Letras pertence á Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e pódense solicitar cine e música a través dela.
Imaxe de portada:
Belén López e Luis López na Casa das Letras // PSOE A Estrada

Deixar un comentario