Queixas por un socavón que leva meses sen arranxar

Queixas por un socavón que leva meses sen arranxar

Unha arqueta afundida desde o verán na 2ª Travesía de Pontevedra continúa sen estar arranxada, ante a preocupación dos veciños. Desde o PSOE xa denunciaron a situación en dúas ocasións: a primeira, a finais de xuño e, a segunda, a mediados de novembro. Desde a formación resaltan que esta supón un risco para condutores e peóns e que, en caso de producirse danos, o Concello será o responsable.


Imaxe de portada:
Arqueta afundida // PSOE da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario