As pantallas deixaron de marcar algúns datos

As pantallas deixaron de marcar algúns datos

Desde o momento no que se instalaron foron polémicas, criticouse a súa utilidade dado que marcaban as cifras en porcentaxes e, desde hai varias semanas, deixaron de marcar algúns datos. Falamos das pantallas de ocupación dos aparcadoiros, por se quedaban dúbidas.

As pantallas custaron 161.023,98 euros ás arcas municipais e, no seu inicio, marcaban o número de prazas dispoñibles (en moitos casos estimado, xa que a metade dos aparcadoiros non teñen as prazas pintadas) pero, posteriormente, pasaron a marcar unha porcentaxe e, desde hai varias semanas, os datos dos aparcadoiros do Centro de Saúde e de Baiuca deixaron de mostrarse.


Imaxe de portada:
Pantalla de Pérez Viondi // O Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario