Na noite do mércores pecharon as inscricións á III San Silveira e á XIII Milla San Silvestre Estradense, con case 600 inscritos en total.
A San Silveira levará aos inscritos ao Monte Cabalar. A recollida de dorsais comezará ás 09.00h na Praza do Concello e, a saída, será ás 09.30h.
Para a Milla San Silvestre, a retirada de dorsais comezará ás 16.00h no mesmo lugar que a proba ciclista. Ás 17.00h comezará a Baby San Silvestre, que terá un percorrido de 100 metros nos que se recorrerán parte da Rúa Justo Martínez e da Praza do Concello. Ás 17.15h será o turno da San Silvestre Infantil, na que se correrán 800 metros polas rúas Serafín Pazo, A Farola, Calvo Sotelo, Castelao e Iryda, para rematar na Praza do Concello. A San Silvestre Sénior terá o mesmo percorrido, pero cunha volta máis e comezará ás 17.30h.
Ao final da noticia pode ver o percorrido animado de todas as categorías da San Silvestre
Para recoller os dorsais é obrigatorio entregar comida non perecedeira que, no caso da San Silvestre, recollerán os rapaces de Imaxina e Axuda e Ocionautas.
Ao finalizar a San Silvestre, entregaránse os diferentes premios. Os primeiros deles son o trofeo ao disfraz máis orixinal e ao grupo máis numeroso co mesmo disfraz da San Silvestre. Amais, cos dorsais das dúas probas, sortearánse cinco cestas de Nadal da Panadería Cervela con cinco vales de ACOE por valor de 20 euros e cinco cestas de froita de Amifrut con cinco vales de Aurora Sport por valor de 20 euros.


Deixar un comentario