Cae á rúa un arco lumínico na 3ª Travesía de América

Cae á rúa un arco lumínico na 3ª Travesía de América

O temporal de chuvia e vento que nos está afectando este martes está deixando as súas consecuencias. Parte da 3ª Travesía de América estivo pechada ao tráfico rodado debido á caída dun dos arcos lumínicos da iluminación de Nadal. Pouco antes das 17.00h os operarios de Electromiño xa estaban no lugar volvéndoa colocar.

As intensas chuvias tamén provocaron balsas de auga na rotonda do Mercadona.

Ata o final do día estará activo un aviso amarelo por chuvia xa que pódense acumular ata 60mm en 12 horas.


Imaxe de portada:
Operarios de Electromiño colocando o arco caído // O Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario