O BNG estradense denunciou que o goberno local non lles envía a información que solicitan con axilidade, chegando a agardar meses por ela, como é o caso dos “datos da situación actual da SAF como as listas de agarda, as listas de demanda do servizo ou outras problemáticas na implementación deste servizo”. Inclúen tamén as facturas emitidas a “unha empresa da familia dun concelleiro do PP” e das festas patronais e o expediente do Parque Eólico Monte Xesteiros, algo que lles preocupa moito porque “nos orzamentos presentados para 2024 aparecen recollidos ingresos que supón a implantación desta poligonal”.
Desde o partido nacionalista consideran a “falta de transparencia que caracteriza a este goberno” unha “falta de respecto non só ao BNG e partidos da oposición así como aos seus votantes, senón especialmente ao exercicio lexítimo de exercer a política municipal”.


Deixar un comentario