O pasado martes 26 elixiuse en Santiago de Compostela a nova Comisión Permanente da asociación de Emisoras Municipais Galegas (EMUGA). Xabier Domínguez Traba, alcalde de Corcubión, será quen a presida. O posto de vicepresidente recaerá en Pablo García “Chichas”, presentador do Salta da cama de Radio Estrada. Xunto ao da Costa da Morte e ao estradense estarán Henrique Sanfiz (Radio Fene) como secretario e Armando Cascón (Radio Arzúa), Antonio Casais (Radio Neria) e Jose Ángel Font (Radio Tui) como vocais.
Desde EMUGA acordaron reforzar as tarefas de colaboración entre as radios locais: “Na pandemia do coronavirus viuse o importante papel da comunicación de proximidade e agora queremos reforzar ese labor de servizo público atendendo tamén ao auxe dos pódcasts entre a poboación máis nova”.
Imaxe de portada:
Nova Comisión Permanente de EMUGA // Pablo García


Deixar un comentario