As súas Maxestades de Oriente, pendentes da chuvia galega

As súas Maxestades de Oriente, pendentes da chuvia galega

Os Reis Magos percorrerán, se o tempo o permite, as rúas do casco urbano da Estrada. A cabalgata comezará as 18.00h no Centro de Saúde e continuará por Varela Buxán, Fernando Conde, Ulla, Calvo Sotelo, A Farola, Peregrina, Capitán Bernal, avenida de América e avenida Benito Vigo ata chegar á Praza do Concello, onde será a recepción.

Ás súas Maxestades de Oriente acompañarános o Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso, a Banda Municipal, a Banda de Gaitas de Barbude, os cabezudos e o Carboeiro, que é quen reparte carbón aos rapaces e rapazas que non se portaron ben.

Os celíacos non terán problemas cos caramelos, pois estes non terán glute. Pero os que si que poden ter problemas son os Reis, pois a celebración da cabalgata dependerá da meteoroloxía. En caso de non chover, celebraráse tal e como está previsto; se a chuvia é lixeira, só sairán as carrozas; e se a chuvia é intensa, a celebración reduciráse a unha recepción no Teatro Principal.

Segundo as previsións horarias da AEMET no momento de redacción deste artigo, non haberá problemas, pois entre as 16.00 e as 20.00h non choverá. Aínda así, esta previsión pode variar.

Comentarios

Deixar un comentario