Efectivos de Emerxencias tiveron que trasladarse onte á Rúa Cerdedo polo incendio nun motor de extracción. O lume, segundo veciños próximos á zona, comezou antes das 22.00h e, sobre ás 22.45h, xa “case non se vía fume nun cheiraba tanto a queimado”.
Emerxencias tamén tivo que dirixirse á Alameda, pois estaban ardendo tiras led.
Ao longo da xornada tamén se desprazaron a Olives para retirar unha árbore que cortaba unha pista e limparon unha mancha de gasóleo duns 4,5 quilómetros que, supostamente, verteu un autobús.


Deixar un comentario