Este luns foi o día máis frío do inverno

Este luns foi o día máis frío do inverno

Un potente anticiclón situado nas illas británicas está facendo que unha masa de aire frío baixara ata a península, deixando temperaturas por debaixo do habitual para a época do ano.

De feito, hoxe foi o día máis frío no que levamos de inverno na Estrada. A mínima foi de -1,1 graos e rexistrouse ás 08.10h e, a máxima, foi de 5,5 graos ás 18.00h.

Para este martes está previsto que as temperaturas ascendan, voltando a valores dos últimos días. En canto ao estado do ceo, a incertidume é a reinante pois o único que temos por certo e que choverá. Segundo Meteogalicia, as precipitacións serán en forma de orballo pero, segundo a AEMET, pódense rexistrar tormentas que nos deixen ata 5mm nunha hora.

Nos próximos días, os ceos tenderán a abrirse e as mínimas volverán a ser baixas pero, as máximas, manteránse sobre os 10 graos.

Comentarios

Deixar un comentario