Piden que se limpe unha mancha de aceite en Tabeirós

Piden que se limpe unha mancha de aceite en Tabeirós

O PSOE solicitou no Concello que se atendan as demandas dos veciños de Tabeirós, que reclaman que se limpe unha mancha de aceite, líquido hidráulico e produto asfáltico nos exteriores da antiga escola de Tabeirós. Segundo comentaron os socialistas, os veciños informaron á Secretaría do Concello e ao 112 non só polo risco que pode supoñer o vertido para os vehículos – xa que o chan esvara -, senón porque a chuvia está levándoo para os regatos da zona.

Fochancas en San Andrés de Vea

Tamén solicitaron que se bacheen varias pistas de San Andrés de Vea onde hai fochancas e que se inclúan nos seguintes proxectos de bacheo.


Imaxe de portada:
Vertido en Tabeirós // PSOE da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario