O BNG estradense presentou un recurso aos orzamentos do 2024 debido a un incumpriemento dos artigos 170 (apartados 2a e 2b) e 193 da Lei Reguladora das Facendas Locais.
Para presentar o recurso baséanse en 7 puntos. O primeiro deles é o remanente negativo de case 1,8 millóns de euros e, nos orzamentos, “non se informa das causas que producen o déficit”. Engaden que no documento da alcaldía que non aparecen como “dereito recoñecido e pendente de cobro” as subvencións do IDAE e dalgúns fondos FEDER da estratexia EDUSI.
O terceiro dos puntos é que nos orzamentos aparecen algunhas medidas sobre ingresos e gastos que non valoran “os seus efectos sobre a corrección do déficit”. Quéixanse de que no apartado de ingresos só se cuantifica a suba do IBI e, na de gastos, os aforros nas amortizacións grazas a unha reducción do préstamo de 4,5 millóns de euros. Tamén aparece recollida a solicitude dun crédito de 3 millóns de euros para sanear as contas.
Outro dos motivos polos que presentan o recurso é que non presenta un superavit, senón que equilibra gastos e ingresos. Amais, mencionan unha “contradición”, xa que nos orzamentos prevése un gasto de 476.000 euros en inversións con fondos propios pero, no informa da alcaldía, 427.000 euros serán dos sobrantes do préstamo “ABANCA 2022”.
O sexto punto é que se deduce que o déficit existente nas arcas municipais non se debe a que falten axudas por recibir xa que “non figura como previsión de ingresos no momento da aprobación dos proxectos”, polo que “non se podería contratar as obras por carecer de financiamento necesario para facer fronte ao gasto xerado”.
Por último, culpan ao goberno municipal dunha “mala xestión” xa que, citando un informe da alcaldía, os ingresos entre 2020 e 2022 os ingresos aumentaron en 1,1 millóns de euros e, os gastos, en 1,9 millóns.
Para solucionar esta situación, cren necesario crear novos postos de traballo, a redución do gasto nos órganos de goberno – “o seu custe non se corresponde coa súa eficacia na xestión” -, facer unha auditoríade xestión dos servizos municipais para “acadar unha maior efectividade”, reducir – tal e como está previsto – o préstamo de 4,5 millóns de euros a 2,5 millóns, modificar os orzamentos para poder acadar un superavit e investir en “accións que xeren un aumento dos ingresos municipais” como abrir novas rúas, obter solo para vivendas sociais ou ampliar o polígono de Toedo.
Imaxe de portada:
Xoán Reices e Vanesa Iglesias na rolda de prensa // BNG da Estrada


Deixar un comentario