O domingo 11 de febreiro Couso volverá a respirar a maxia do seu Entroido, considerado Festa de Interese Turístico de Galicia, tras oito anos de parón.
Os actos comezarán ás 8.45h co repenique de campás e as bombas de palenque. Media hora despois será o almorzo popular. Ás 9.45h a Máscara comezará a circular pola parroquia e pasará polas aldeas de Sequeiró (10.00h), O Castro (10.45h), Maindo (11.15h) e Couso (12.15h) ata chegar á Praíña (13.30h), onde desfilará a Máscara, veráse a danza tradicional do Entroido do Ulla, produciráse o encontro de Mini-Xenerais, disfrutaráse dos vivas dos Xenerais e xantaráse.
O percorrido continuará coas aldeas de Barco (16.00h), Fontenlo (17.15h) e Souto de Vea (18.00h), onde veremos os mesmos actos que na Praíña. Tamén poderemos desfrutar deles no Campo da Festa de Couso a partir das 19.30h, onde se engadirá o sermón e bendición do cura.
Deixar un comentario