A Estrada vivirá 3 venres de terror co PANIC

O festival de cinema de terror PANIC arrancará este venres cunha maratón que comezará ás 22.30h. Esta edición estará dirixida aos adolescentes do concello e foi organizado polas concellerías de Cultura e Sanidade.

Na maratón do venres proxectaránse os filmes Cuando achecha la maldad (22.30-00.10h), Háblame (Talk to me) (00.10-01.40h), Las colinas tienen ojos (01.50-03.35h) e Arrástrame al infierno (03.35-05.10h).

O venres 26 proxectaráse Terrifier 2 entre as 22.30 e as 00.45h e, o venres 2 de febreiro no mesmo horario, será o turno de Pobres criaturas.

Amais, levaránse a cabo outras actividades relacionadas: o xoves 1 inauguraráse a Exposición 26 Seres Vivos, de Manuel Fragoso, e o venres leránse microrrelatos de terror. Ambos actos celebraránse na Casa das Letras.

As películas proxectaránse nos Minicines Central e a entrada será de balde ata esgotar aforo das salas.

Comentarios

Deixar un comentario