Os fortes refachos de vento que nos está deixando a borrasca Irene provocaron que un dos arcos que forman o alumeado de Nadal da 3ª Travesía de América caera parcialmente sobre a rúa. No momento de redacción desta noticia, colocáronse uns conos na zona de aparcamento próxima á Floristería Zarzillos para evitar que os coches aparquen onde pode caer o arco.
Nesta mesma rúa xa caera outro arco luminoso hai unhas semanas.
A borrasca tamén está deixando precipitacións intensas que por momentos dificultan a visibilidade á hora de conducir. Amais, estas chuvias están deixando balsas de auga en varios puntos do concello.
Nas vindeiras horas as precipitacións tenderán a remitir. O aviso polo forte vento desactivaráse esta madrugada.
Imaxe de portada:
Arco semicaído na 3ª Travesía de América // Cedida

Deixar un comentario