Javier Campos conseguiu rematar o Rally Dakar, o rally máis famoso do planeta. O estradense percorreu os desertos saudís e finalizou na posición 102. Por etapas, descatan a décima e a última, nas que quedou nos postos 86 e 88, respectivamente.
A sombra do abandono tamén estivo presente durante a competición: unha forte dor de espalda obrigouno a baixarse da moto en dúas das doce etapas da competición.


Deixar un comentario