O BNG da Estrada fíxose eco da “desfeita” que deixaron unhas labores de tala na pista que une Rubín e Pardemarín. Nas imaxes compartidas, apréciase como a cuneta reborda debido á acumulación dos restos e, como da outra beira da pista, hai cascallos e rodeiras enlamadas.
Desde a formación nacionalista pediron que a empresa responsable destas labores arranxe os desperfectos causados.

Imaxe de portada:
Consecuencias dunhas labores de tala nunha pista entre Rubín e Pardemarín: a auga baixa pola pista e, nunha das beiras, hai rodeiras e restos das tarefas // cedida


Deixar un comentario