O Ministerio de Transportes está retirando os sinais que colocou o Concello indicando o nome das parroquias e dos lugares ao longo dos viais de titularidade nacional. Isto débese a que non cumprirían a distancia obrigatoria con respecto á calzada.
Para o BNG, isto converteu unha inversión da Deputación, naquel momento liderada polo PSOE e o BNG, nunha “chapuza máis do PP estradense” e anunciaron que pedirán explicacións ao goberno local para que expliquen o sucedido, quen se fará cargo das modificacións e cales son as alternativas para colocar a sinalización.
Imaxe de portada:
Sinal retirado en Liñares // cedida


Deixar un comentario