Resultado case inmellorable para o atleta do Atletismo A Estrada Martín Ruibal no Campionato de Galicia sub23 que se celebrou este domingo en Ourense. Proclamouse Campión de Galicia en salto de altura igualando a súa mellor marca (1,62m), Campión de Galicia de triplo salto cos 11,57 metros que conseguiu no último intento tras moitos saltos nulos, e Subcampión de Galicia de salto de lonxitude.
Victoria de Al Bachere e festival de marcas persoais
Os atletas de categorías inferiores enfrontáronse a un control de marcas na cidade das Burgas. A sub18 Mara González regresou á competición tras un ano de parón e competiu nos 60 e nos 200ml. A sub20 Pilar Corredoira debutaba como atleta do clube estradense nos 400ml, acadando un crono de 1:05.96.
A tamén sub20 Arauia Al Bachere competiu con pequenos erros nos 60 e nos 400ml. Pese a iso, venceu na última das probas. Amais, debutou nos 200ml cun tempo de 26.39 segundos.
Lía Vázquez, atleta sub18, conseguía a súa marca persoal nos 60ml tras parar o crono nos 8.74 segundos e remataba os 60m valos absolutos en 10.28 segundos.
Na categoría sub16, Carla Pintor batía a súa mellor marca nos 300ml cun tempo de 44.85 segundos. Noa Barros conseguíao nos 600ml tras 1 minuto e 47 segundos de carreira.
No caso de Xurxo e Antón Vázquez, melloraban nos 60 e nos 300ml. Este último tamén participou no triplo salto mellorando a súa marca persoal en 20 centímetros, saltando ata os 8.96 metros.
Imaxe de portada:
Martín Ruibal coas medallas conseguidas (esquerda) e durante o salto de altura (dereita) // Atletismo A Estrada / @fotocarlosgrafias

Deixar un comentario