Un camión de transporte de madeira saíuse da vía na EP-8401 (Estrada A Portela – Souto de Vea) ao seu paso por Trazarís, en San Andrés de Vea, despois das 13.30h. No sinistro bateu contra un poste de telefonía. Debido a isto, o servizo de teléfono atópase inoperativo. O vial estivo pechado ata ás 16.00h.
No lugar atópanse a Garda Civil de Tráfico de Lalín, Mantemento de Estradas e a Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea.
Imaxe de portada:
Camión sinistrado // Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea

Deixar un comentario