O BNG da Estrada pediu que a Deputación tome medidas ante o “incesante paso de tráfico pesado” pola EP-8401, a estrada que une A Portela (Cuntis) co Souto de Vea (San Andrés de Vea).
Segundo os nacionalistas, o accidente de camión deste martes mostran “as consecuencias da falta de actuación por parte da administración”. Tamén incidiron en que os veciños e veciñas da zona piden “medidas de calmado de tráfico” e remarcaron que polo Souto de Vea, punto de paso en dirección Santiago, circulan “máis de 1000 vehículos diarios”.
Desde o BNG cren que eses datos “deberían facer reflexionar á Deputación de Pontevedra para que tome medidas” e piden que, alomenos, se tomen medidas que “disuadan o intenso tráfico de vehículos pesados pola zona”.
Imaxe de portada:
Camión accidentado en San Andrés de Vea // Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea


Deixar un comentario