Os veciños de San Andrés de Vea recuperarán a fibra óptica “nos vindeiros días”

Os veciños de San Andrés de Vea recuperarán a fibra óptica “nos vindeiros días”

O pasado martes un camión tirou un poste de telefonía en San Andrés de Vea despois de saírse da estrada. Debido a iso, o servizo de fibra óptica viuse interrompido.

Segundo o Concello da Estrada, xa iniciaron os trámites para que a empresa responsable repare as incidencias e, desde aestradadixital, xa se puxeron en contacto con esta. Coas previsións que manexan actualmente, o servizo de fibra restableceráse nas “vindeiras xornadas”.


Imaxe de portada:
Poste e cableado derrubado polo camión en San Andrés de Vea // Concello da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario