MAPA| Así quedará a ESO e o bacharelato na Estrada

MAPA| Así quedará a ESO e o bacharelato na Estrada

A educación secundaria na Estrada vivirá importantes cambios: a intención da xefatura territorial de Educación – e tal e como anunciou o alcalde José López en decembro – é que o IES Antón Losada Diéguez deixe de impartir a ESO para ter máis espazo para a FP.

Deste xeito, a ESO impartiráse no IES Manuel García Barros e no IES Nº1, o bacharelato no García Barros e no Losada Diéguez e, a FP, neste último. Debido a isto, sería necesario reorganizar os centros desde os que procede o alumnado.

Ao Número 1 seguirá chegando o alumnado pertencente ao CEIP de Oca e ao CEIP Villar Paramá (Vea) e incorporaránse ás súas aulas os estudantes do CEIP Figueiroa. A posteriori, o bacharelato cursaráno no Antón Losada

Os que estuden no CEIP Pérez Viondi seguirán tendo como instituto de referencia o García Barros e uniránselles os estudantes dos CEIP O Foxo e Cabada Vázquez (Codeseda).

Este cambio aínda está pendente de aprobación por parte da Consellería de Educación, aínda que todo apunta a que así será.

Queixas do PSOE pola falta de información

Luis López Bueno, líder dos socialistas estradenses, pediulle á Xunta de Galicia “trasparencia” dado que apenas se coñecían detalles. Comentou que ve “viable” que A Estrada conte cun Centro Integrado de Formación Profesional “onde exista a variedade de formación que debe ter unha cabeceira de comarca”.

“Aplicaráse xa no 2024? Vai ir acompañado dun compromiso de conceder nova FP ao Losada Diéguez? Non se fará nada coas áreas de influencia dos centros de primaria?”

Luis López Bueno, líder do PSOE da Estrada, sobre as modificacións nas adscricións

López Bueno pediu “sensibilidade” e “claridade” sobre esta situación e valorou como “moi urxente” aclarar a situación debido a que as matrículas para o curso 2024/2025 están a piques de comezar.

Amais, incidiu na necesidade de asegurar que todos os centros de educación primaria conten con servizo de Plan Madruga e Comedor para evitar “fugas de alumnos cara CEIP dos Concellos limítrofes como Vedra ou Teo”.


Imaxe de portada:
IES Antón Losada Diéguez // O Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario