O PSOE galego faise eco dos problemas da PO-213

O PSOE galego faise eco dos problemas da PO-213

Manuel Cuíña, número 6 do PSdeG-PSOE pola provincia de Pontevedra, visitou con algúns dos integrantes do PSOE estradense a PO-213 (Estrada A Estrada – Ponte Ulla).

Cuíña, que desde a formación socialista afirman que coñece a rede viaria do concello, comprometeuse a traballar para mellorar a seguridade neste vial de titularidade autonómica.

O PSOE da Estrada incidiu en que a Xunta “non fixo caso de ningunha das reiteradas peticións que fixemos” e agardan que Cuíña “nos poida botar unha man dende o vindeiro Goberno da Xunta de Galicia”.

Protestas veciñais

A finais do 2023 os veciños de parroquias polas que pasa a PO-213 reuníronse para pedir melloras no trazado, unha ampliación do tamaño dos carrís e a creación de arcéns.


Imaxe de portada:
Cuíña acompañado polo PSOE da Estrada na PO-213 // PSOE da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario