Militantes do PSOE da Estrada tiveron un encontro con Julio Torrado e Manuel Cuíña, números 4 e 6 nas listas do PSOE pola provincia de Pontevedra, e David Regades, secretario xeral do PSOE de Pontevedra e deputado no Congreso. Nesta reunión analizaron “as prioridades e demandas locais de cara ao vindeiro goberno da Xunta”.
A isto, sumóuselle a visita do pasado xoves de Cuíña á PO-213 para “comprobar” o “mal estado” deste vial de titularidade autonómica.
Imaxe de portada:
Luis López Bueno, líder do PSOE da Estrada; Manuel Cuíña e Julio Torrado, membros das candidaturas do PSOE nas eleccións á Xunta de Galica; e David Regades, secretario xeral do PSOE da provincia de Pontevedra // PSOE


Deixar un comentario