Al Bachere proclámase subcampioa de Galicia

Al Bachere proclámase subcampioa de Galicia

O Atletismo A Estrada desprazouse ata Ourense para disputar o Campionato Galego de Pista Cuberta e regresou con boas novas. A sub20 Arauia Al Bachere proclamouse subcampioa de Galicia absoluta de pista cuberta nos 400ml. Amais da prata, Al Bachere logrou a súa marca persoal nesta distancia, logrando por primeira vez os 58.62 segundos.

Tamén conseguiu a súa marca persoal nos 200ml: venceu nas semifinais cunha marca de 25.90 segundos e, na final, quedou cuarta cun crono de 25.84 segundos.

Os nervios da primeira vez fixeron que a sub18 Lía Vázquez quedara ás portas da final nos 60 metros valos. A estradense quedou novena nas semifinais cun tempo de 10.47 segundos.

Os nervios de enfrontarse a un absoluto tamén afectaron á máis cativa das representantes do clube. Carla Pintor completou os 60ml en 8.51 segundos.

Nos 400ml, a sub20 Pilar Corredoira non se atopou ben en carreira a pesar de estar realizando unha boa final e, a 100 metros do final, decidiu parar.


Imaxe de portada:
Al Bachere no podio dos 400ml // Atletismo A Estrada / @fotocarlosgrafias

Comentarios

Deixar un comentario