A última xornada do Rally de Montecarlo prometía ser emocionante xa que entre os primeiros (Gryazin e Aleksandrov) e os segundos (López e Vázquez) había 2 décimas de diferencia. Na terceira posición atopábanse Rossel e Dunand a 6,9 segundos do primeiro.
No primeiro tramo, Rossel recuperou 3,9 segundos e, no segundo, avantaxou a López en 5,8 segundos e a Gryazin en 8,6 segundos. Xa no último tramo, adxudicouse a vitoria con 4 segundos de vantaxe sobre López e o seu copiloto, o estradense David Vázquez, e con 11,4 segundos sobre Gryazin.
A parella española levou o premio FORUM8 WRC2 Stage Winner por gañar o maior número de tramos do rally.

Imaxe de portada:
Coche de López e Vázquez // WRC

Deixar un comentario